ANM | As Nosas Músicas de Couso


[ic_add_posts paginate=’yes’]

SOBRE ANM

AS NOSAS MÚSICAS

As Nosas Músicas nace en 1996 a parroquia estradense de Couso da man da Asociación A Xesteria, como festa en homenaxe á música tradicional galega, e con intención de dar alternativa a festas e festivais animados só por orquestras.

 

Todo comezou 27 anos atrás, cando un grupo de integrantes da asociación, foron tamén integrantes da comisión de festas da parroquia. Conscientes de que as festas tradicionais con orquestras comezaban a perder público e de que había alternativas a tradición musical que nos é propia, decidiron probar sorte nesta outra área, a da música tradicional de Galicia.

Deste xeito, procurouse un tipo de festa que agradara a persoas de todas as idades, propondo algo novo para Couso e para a maioría do mundo rural aquel momento, con resultado moi positivo dende o principio. En cada edición, As Nosas Músicas congrega durante unha noite a preto de 3.000 persoas, incluíndo veciñanza e visitantes.

Este evento convértese un compromiso na axenda de estradenses e visitantes, o que fai que ano tras ano se consolide.

Co tempo, fóronse engadindo actuacións, e actividades complementarias relacionadas coa música e co baile tradicionais, como os obradoiros, as charlas e as presentacións, que ademais de enriquecer cada edición, axudan a que non se perdan e se coñezan distintas artes populares.

 

Con todo isto, As Nosas Músicas, convértese nunha noite e nun día de diversión, desfrute, tradición e compañía de xentes que rematamos tocando e bailando ata o amencer no campo da festa de Couso.

Cartaz ANM 2023
Scroll ao inicio