ANM | As Nosas Músicas de Couso

Política de devolucións e reembolsos

Procedemento para realizar pedidos

  • Correo electrónico: tenda@asnosasmusicas.gal
  • Web: Pode rexistrarse como cliente na nosa páxina www.asnosasmusicas.gal e realizar os seus pedidos en liña.
 

Condicións xerais de compra de merchandising

Todas as compras que se realicen a través do portal da Asociación A Xesteira están suxeitas ás condicións xerais recollidas no aviso legal. Ao comprar nesta web, acepta automaticamente estas condicións. Léaas con atención.
 
A Asociación A Xesteira resérvase o dereito de modificar, reestruturar ou eliminar calquera información, servizo ou contido da web sen previo aviso.
 
Un pedido non será definitivo ata que sexa aceptado pola Asociación A Xesteira, que poderá anular calquera compra devolvendo o importe pagado polo cliente.
 
O acceso á web non require rexistro previo, pero para poder realizar compras será necesario crear unha conta como Usuario Rexistrado.
 

Rexistro de usuario

O usuario comprométese a usar de maneira lícita e segura o seu correo electrónico e contrasinal. A Asociación A Xesteira non se fai responsable do uso fraudulento das claves de acceso en caso de perda ou custodia indebida.
 

Prezos

  • Os prezos están en euros (€) e inclúen os impostos de lei.
  • No resumo final de compra móstrase o prezo total, con detalle de impostos.
  • Os prezos poderán ser modificados pola Asociación A Xesteira en calquera momento.
  • Unha vez comprobado o pago, tramitarase o pedido.
 

Métodos de pago

No proceso de compra poderá escoller entre as seguintes modalidades:
  • Tarxeta de crédito ou débito
  • Bizum
 

Envíos

  • Os envíos realizaranse o luns seguinte á data da compra.
  • A entrega considérase realizada no momento en que o transportista entrega o produto ao cliente. Correspóndelle ao cliente revisar o pedido e sinalar calquera incidencia no momento da entrega.
  • A Asociación A Xesteira enviará os produtos polo medio que considere máis axeitado.
  • Os pedidos tamén se poderán recoller de maneira física o mércores da semana seguinte á data de compra entre as 20:00 e as 20:30h na Casa da Escola(Sequeiró S/N, Couso, A Estrada, 36682)
 

Gastos de envío

  • 7€ IVE incl.
  • En caso de pedidos especialmente voluminosos ou pesados, poderase solicitar un suplemento. Se o cliente non acepta, devolverase o importe do pedido.
 

Prazos de entrega

O pedido sairá o luns seguinte á compra e entregarase nun prazo estimado de 24–72 horas, segundo a zona de destino.
Se o prazo superase os 5 días hábiles, contactarase co cliente para ofrecerlle a posibilidade de anular o pedido e recibir a devolución do importe ou continuar coa entrega.
 

Rotura de stock

  • Na web publícanse os produtos en stock, ben sexa do noso propio almacén ou de provedores colaboradores. Con todo, a sincronización entre plataformas non sempre é instantánea.
  • Se, tras recibir e procesar o comprobante de pago, detectamos que algún artigo está esgotado, comunicarémosllo ao cliente inmediatamente.
  • Nese caso anularemos a parte afectada do pedido (ou o pedido completo se procede) e procederemos a devolver o importe correspondente ao cliente sen dilación, habitualmente por transferencia ou polo mesmo medio de pagamento empregado.
  • A Asociación A Xesteira comprométese a informar ao cliente das opcións dispoñibles (esperar reposición, cambiar por outro produto, ou reembolso) e a xestionar a devolución do importe cando proceda.

Produto reservable

  • Na nosa tenda poden aparecer produtos marcados como reservables. Antes de solicitar a reserva, informarase claramente ao cliente de que o produto é reservable e das condicións asociadas.
  • A reserva non require o aboamento inmediato do importe do produto salvo que se indique expresamente. A reserva serve para garantir o dereito a respectar o prezo/oferta anunciada.
  • Os produtos reservables non comprometen a ningunha das partes en canto a prazo de entrega ata que o produto entre en stock e o cliente formalice o pedido final.
  • A Asociación A Xesteira poderá descontinuar un produto reservable se o número de reservas non alcanza os mínimos necesarios para a súa fabricación ou adquisición; neste caso informarase aos clientes e procederase ao desbloqueo/anulación da reserva sen máis obrigas.
  • Unha vez o produto estea dispoñible en stock, avisarase ao cliente para que remate o proceso de compra e abone o importe correspondente, respectando o prezo da reserva.
 

Garantía

Para exercer o dereito de garantía, deberá proceder á devolución do produto sempre coa autorización previa do Departamento de Atención ao Cliente en pedidos@asnosasmusicas.gal
 

Dereito de desistimento e devolucións

O cliente dispón de 14 días naturais desde a recepción do pedido para desistir da compra.
Para exercelo deberá enviar un correo electrónico a tenda@asnosasmusicas.gal comunicando a súa decisión.
 

Condicións:

  • Os produtos deben devolverse en perfecto estado, co embalaxe orixinal e todos os accesorios incluídos.
  • Os gastos de devolución corren normalmente a cargo do cliente.
  • Unha vez recibida a devolución e comprobado o estado do produto, reembolsarase o importe utilizando o mesmo método de pago.
 

Xurisdición

Para a resolución de conflitos, as partes sométense aos xulgados e tribunais do domicilio social da Asociación A Xesteira.
Scroll ao inicio