ANM | As Nosas Músicas de Couso
Unha das grandes novidades deste ano é o cambio do método de pago habitual (Xesteiros) polo cashless.
Cashless, ou “sen efectivo” en galego, refírese a un sistema de pagos onde as transaccións realízanse sen utilizar diñeiro físico (billetes e moedas). En lugar de efectivo, utilízanse métodos dixitais como tarxetas, pulseiras con chip NFC (no noso caso) ou aplicacións móbiles para realizar compras e pagos en eventos, tendas ou servizos.
Recárgase diñeiro nunha pulseira, que se utilizará para pagar.
Se aínda gardas Xesteiros, poderanse utilizar tamén para recargar a túa pulseira.
Unha vez rematado o festival, poderás recuperar o teu importe sobrante nesta ligazón de devolucións e tamén habilitaremos un punto físico para facelo.